Navegar nas palabras
Poesía, o lugar máis íntimo e profundo, a sublime caricia. Esa voz que o enche todo de vida. Poesía, navegarei en ti e fareite miña... Achégate! A porta está aberta. Entra...faremos xuntos o camiño.
sábado, 26 de julio de 2014
Ficar por sempre
Vou ficar por sempre
preto de todo o meu.,
entre árbores e rosas
e a laranxeira en flor.
Has de sentirme coa chuvia.
Heite tocar cando vente.
nun recuncho do meu xardín,
esperareite...
Nas pingas do orballo,
no sorriso dos páxaros.
Nas cousiñas máis pequenas...
aniñareime.
Nas noites de primavera,
serei un vagalume.
Bailarei ó son dos grilos,
como cativa pequena.
Quero quedar
nas meniñas dos ollos
de quen me quere.
Non quero marchar,
vou ficar por sempre.
Nun recuncho do meu xardín,
agromarei se ti me regas.
Se pensas nas miñas mans
acariciareite con elas...
E pensarás que aínda estou.
Estarei...
se ti o queres.
Quizais nunca me fun.
Voltarei coa lúa chea.
Asun Estévez (Pel de muller)
sábado, 19 de julio de 2014
SEMPRE
Buscádeme
nun acantilado de luz,
alí
onde as sereas cantan as primaveras.
Sempre
no outro lado do vento,
á
procura de xanelas.
Sempre
revestida de linguaxes
na
miña casa de sol,
de
treboadas e bágoas.
Sempre
fuxindo dos espellos
cubertos
de silencio.
Das
cadeiras sen alma,
dos
abrazos baleiros,
das
páxinas en branco.
Dos
fantasmas
que
sempre regresan
sedentos
do perfecto.
Desa
soidade imposible
na
que se afogan os días
e
as noites.
Sempre,
nese ir e vir,
nesa
liña constante de fuga.
Asun Estévez
miércoles, 2 de julio de 2014
O barquiño de papel
Ningún
día é igual ca outro. Nin onte é coma hoxe, nin hoxe será como mañá...
O
reloxo tocaba coma un louco.
–Cala,
cala, por Dios.
Qué
ganas de lanzalo ben lonxe. Tódalas mañás a mesma historia. Mais hoxe non foi
así, por unha vez alegrouse daquela canción impertinente e repetitiva. O sol entraba pola xanela disposto a empurrala
do leito, ela sorriu agradecida. Ergueuse dun salto, activándose de inmediato.
Sentíase nerviosa, inqueda de máis, despois dunha noite toda ás voltas. Dun
tempo a esta parte xa non durmía con aquela tranquilidade que acostumaba, aquel
desconectar do mundo cunha facilidade mesmo asombrosa ata para ela. É ben certo
que o tempo non pasa en balde. A saber que tiña acontecido na súa cabeza
durante o sono. Aínda que aquí, así baixiño, entre nós, ela ben o sabía.
Despois
dun baño reparador, enfundouse uns jeans
azuis e unha camiseta da mesma cor. Calzou os primeiros zapatos que atopou. Sentiuse
segura de si mesma, coma sempre. Xa non era unha nena, tíñao asumido, e non
perdería o tempo disimulando o evidente.
Preparou
un café só, ben quentiño, enguliuno a présa. Colleu unha tosta e un bolso que
levaba dentro a metade da súa vida e botou pola porta. Facíase tarde e sentíase
impaciente. Achegábase o momento, hoxe era o día.
Imaxinou
tantas veces aquel encontro, soñouno un día tras outro ó longo daqueles anos. Aquel
ollarse de novo, escoitarse e ser apenas un.
Colleu
o coche. El levaríana ao mesmo lugar de sempre, sen preguntas. A rutas que
foron importantes na nosa vida nunca se esquecen.
En
silencio ía facendo o mesmo percorrido, a mirada atenta e perdida. O pensamento
traballando a mil por hora nun ir e vir
de recordos que nunca deixaron de ser presente.
Aparcou
a beira da praia. Case non había ninguén, tan só un coche aparcado a cincuenta
metros e unha parella que camiñaba con poucas ganas, e menos que dicirse. Fronte
o mar, sempre confidente na súa vida, testemuña dos bos momentos e das
catástrofes.
Mirou
ó redor, aínda non estaba. Inevitablemente pensou:
–E se non ven? Non, non é posible. Nunca
dubidei del e non vou facelo agora.
Sentouse
nun banco e pechou os ollos, deixou ca brisa lle acariciara o rostro. Lembrouse
dun barquiño de papel que lle fixera un día, na espera entre prato e prato.
Imaxinou aquel barco sucando os mares, coas velas abertas e tensadas como
fortes brazos...
Sentiu
como un coche se achegaba, os ollos pechados, o corazón e a vida toda subindo
pola gorxa. Un minuto, dous, tres...imposible moverse cando a emoción
desborda...
Unhas
mans rodeárona. Ana sentiu a calor nunca esquecida daquel abrazo, daquel peito
aprendido a golpe de caricia.
-Estás
aquí- díxolle ela.
-Cumpro
sempre as promesas. Lémbraste? Díxenche que ti eras a muller da miña vida.
Estaba
todo dito. Ficaron en silencio e o barquiño de papel fíxose co mar enteiro.
Ningún
día é igual ca outro. Nin onte é coma hoxe, nin hoxe será como mañá...
Asun Estévez
sábado, 31 de mayo de 2014
O teu corpo
O teu corpo
o perfecto percorrido.Refuxio onde se acollen
os meus dedos.
Ese universo onde me perdo.
O teu corpo
ofrenda e profecía.
A sinatura que nunca aprendo.
O teu corpo
sempre tentación,
sempre por descubrir.
Brisa salvaxe
que me remexe.
Doce de marmelo
que engada os meus beizos.
Ese teu corpo
que sinto meu.
Ese teu corpo
que vive e morre en min.
Asun Estévez
martes, 27 de mayo de 2014
martes, 22 de abril de 2014
Oínte chegar
Oínte chegar
galopando ansioso.
Entreabriuse a noite
e no perfil dun destello
brotaron pétalos,
derramáronse bicos.
Nunha lúcida escuridade
entre notas e latidos,
ti e máis eu
posuíndo o universo.
Oínte chegar...
viñas de lonxe.
O amor medrando nas mans...
Asun Estévez (Medrar nas mans)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)